Voltar atrás

Escrito o:

Medio centenar de persoas infórmanse sobre axudas do Igape nun obradoiro da CEL

Coñecer as diferentes liñas de axuda que o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) convoca en 2026 para apoio ao tecido empresarial era o obxectivo do taller de traballo que a CEL organizou hoxe no marco das actividades divulgativas da iniciativa CONECTA LUGO, que este ejercio retoma a Confederación co apoio da Xunta de Galicia (a través do Igape) para facilitar información e prestar asesoramento ás empresas da provincia de Lugo en materia de axudas e apoios públicos. 

Debido á previsión climatolóxica adversa, o obradoiro celebrouse finalmente exclusivamente na modalidade en liña, coa participación de medio centenar de asistentes e as achegas de persoal técnico da Oficina Económica de Galicia e da consultora Medrar Innovation Office, así como represenantes de empresas lucenses que optaron con éxito e bo aproveitamento a diferentes axudas de Igape e en distintas convocatorias. Más concretamente, participaron Milagros Fernández e Rafael Rábade, técnicos de Igape - Oficina Económica de Galicia en Lugo; Hugo Criado e Roberto Cuíñas, CEO e técnico de Medrar; Eva Cajide, coordinadora de Innovación do Grupo Amslab, e Patricia Grandío, office head en Himikode

As empresas interesadas en recibir información personalizada e asesoramento individualizado sobre axudas en 2026 a través de CONECTA LUGO xa poden solicitalo a través dos números de teléfono 982231150 e 663 25 49 66, ou a través desta ligazón