Voltar atrás

Escrito o:

A CEL reforza os seus servizos de asesoramento

A CEL pon en marcha durante o exercicio 2025 o programa "Asesora CEL", a través do que reforza os seus servizos de asesoramento xurídico e laboral co apoio e financiamento da Deputación de Lugo. 

Este tipo de servizos son de vital importancia para as empresas da provincia de Lugo, maioritariamente pemes e microempresas. A CEL trata de facilitar ao tecido empresarial de Lugo, a través do programa "Asesora CEL" apoio constante en cuestións como información sobre modalidades de contratación, retribucións e salarios, tempos de traballo, normativa ambiental, sustentabilidade, RSE e un longo etcétera.

Son normas estas en constante cambio, que esixen unha revisión en detalle periódica e un estudo en profundidade. Neste sentido, o programa trata de dar resposta á necesidade de actualización permanente das empresas e adecuación a estas normativas en constante renovación. Mellorar en todos os aspectos as relacións laborais no marco dos centros de traballo, adecuar a empresa aos cambios globais e locais en materias como xestión de residuos ou outras… son ferramentas para mellorar a súa flexibilidade e asegurar a súa competitividade nunha contorna en moitos casos marcadamente hostil. 

A través de ASESORA CEL fortalécense os sevicios xurídico - laborais da entidade para información e resolución de consultas concretas e específicas non soportadas a través doutros servizos da entidade. Para recibir atención, as empresas poden solicitar cita a través do número de teléfono 982 23 11 50.