Voltar atrás

Escrito o:

ALBIA incorpórase ao Consello Asesor da CEL

Unha nova empresa amplía o peso do Consello Asesor da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) a partir de agora. Trátase de ALBIA Funeraria Fernández, entidade que conta con dous tanatorios en Lugo, Velorios Lucenses Arieiras e Velorios Lucenses as Gándaras. 

Para formalizar a integración, Belén Ramos, xerente de Albia en Lugo; Noelia Sánchez, responsable comercial de Albia e Jaime López, secretario xeral da CEL, mantiveron un encontro hoxe na sede central da organización empresarial lucense no que analizaron vías de colaboración conxuntas para os próximos exercicios. 

ALBIA, pertencente a SANTALUCÍA, é un grupo empresarial adicado á organización, xestión e realización integral de servizos funerarios. 

Con máis de 25 anos de experiencia no sector, experimentou un forte crecemento nos últimos anos tanto a nivel de expansión xeográfica como en número de instalacións e en persoal especializado. Este crecemento consolidounos como un dos grupos funerarios máis sólidos e recoñecidos de España, con cobertura nacional e presenza destacada nas principais cidades do país.

Empezaron en 1998 con 6 centros e, ao longo dos anos, foron expandindo esa rede, alcanzando 10 centros en 2000, 48 centros en 2002, 66 centros en 2004 e 109 centros en 2006, ata chegar a conformar unha rede de máis de 250 centros funerarios a día de hoxe, entre os que se atopan 143 tanatorios e 45 crematorios, e unha frota aproximada de 500 vehículos propios. 

Ademais, xestionan 4 empresas de florería e unha fábrica de transformación de mármore. Contan cun persoal aproximado de 1.400 profesionais, que realiza anualmente máis de 75.000 servizos funerarios. Preto de 6 millóns de persoas utilizan as nosas instalacións cada ano.

Consello Asesor CEL

O Consello Asesor é un órgano interno da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) que aglutina empresas cunha especial traxectoria e implantación na provincia que libremente deciden formar parte do mesmo.  

Coa incorporación de Albia Funeraria Fernández, o Consello conta na actualidade con máis de 40 empresas integradas, que representan a todos os sectores con implantación na provincia, con especial atención ao de servizos e agroalimentario, este último de interese estratéxico para Lugo. 

Fotografía cedida por El Progreso