Voltar atrás

Escrito o:

OBRADOIRO MULTIAXUDAS | Axudas IGAPE 2026

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, co apoio da Xunta de Galicia a través da iniciativa CONECTA LUGO, un taller práctico de traballo dirixido a mellorar o coñecemento e acceso ás diferentes convocatorias de axuda previstas polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) neste 2026, algunhas das cales se publicaron hoxe mesmo no DOG

O taller está previsto en formato híbrido, en liña e presencial na sede central da CEL en Lugo, para o próximo día 23 de xaneiro, venres, en horario de 11:00 a 12:30 horas. Explicaranse liñas de axuda do IGAPE (Ticket Innova, Innova IGAPE, IA, investimento, entre outras) en detalle, para o que se contará coa intervención de Belén Fernández Rebolleda, responsable de Oficinas Norte de OFICINA ECONÓMICA DE GALICIA, así como coa exposición de casos de éxito con axudas deste organismo. Inclúe dinámica grupal e consulta de dúbidas sobre tramitación das difentes liñas de apoio (ver programa ao final desta entrada). 

A asistencia é gratuíta pero é necesario reservar praza na seguinte ligazón:

INSCRICIÓN TALLER MULTIAXUDAS - AXUDAS IGAPE 2026