Escrito o:
OBRADOIRO | Novas tecnoloxías en IA para o sector agroalimentario
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, co financiamento do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), un obradoiro práctico de traballo para dar a coñecer e optimizar o uso de novas ferramentas de Intelixencia Artificial entre as empresas do sector agroalimentario da provincia de Lugo.
Este taller concíbese como un espazo de encontro de transformación e progreso dixital onde as empresas poden explorar as aplicacións de Intelixencia Artificial (IA) e tecnoloxías dixitais aplicadas á sustentabilidade e eficiencia do sector.
O obxectivo principal é coñecer e analizar ferramentas tecnolóxicas sostidas en IA que xa están en uso ou en fases de investigación e desenvolvemento, co fin de xerar un ecosistema de solucións innovadoras que poida beneficiar tanto ao tecido socioeconómico galego como ser extrapolable a mercados internacionais.
O obradoiro está organizado en catro xornadas ou sesións presenciais, que terán lugar entre finais de xaneiro e durante o mes de febreiro de 2026 na cidade de Lugo (comunicarase lugar exacto proximamente), máis concretamente:
XORNADA 1 | Introdución á Intelixencia Artificial e diagnóstico inicial.
XORNADA 2 | Optimización da cadea de subministración e trazabilidadade IA.
XORNADA 3 | IA para a personalización de produto e experiencia do consumidor.
XORNADA 4 | IA na sustentabilidade e economía circular na industria agroalimentaria.
Estas sesións completaranse con titorías individualizadas e personalizadas en liña e unha sesión Demo Day final na que se analizarán conclusións e propostas dos participantes susceptibles de recibir financiamento público (descargar programa completo en pdf ao final desta entrada).
Contarase con formadores especializados, presentación de casos de éxito ou información sobre axudas para implantación das novas tecnoloxías IA.
As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición, que pode tramitarse na seguinte ligazón: