Voltar atrás

Escrito o:

A CEL pecha 2025 cunha visita á Fonsagrada

Directivos da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) desprazáronse onte á localidade de A Fonsagrada para manter unha última reunión de goberno neste exercicio, na que aprobaron as actividades desenvolvidas durante os últimos meses así como o plan de actuación de cara a 2026.

O alcalde da Fonsagrada, Carlos López, recibiu á directiva da CEL no salón de plenos das instalacións do Concello, onde fixo entrega ó conselleiro delegado da organización empresarial, Eduardo Valín, dunha reproducción da “fonte sagrada” que dá nome á vila, unha fonte histórica ubicada no casco urbano, lugar emblématico do Camiño de Santiago e parada obrigada para peregrinos. 

Entroutros, estiveron na Fonsagrada representantes de empresas como Abanca, Mercadona, Transportes Valín e Embutidos Montepicato.

Potencialidade

Dende a CEL destácanse as altas potencialidades da montaña lucense para loitar contra o despoboamento e o envellecemento poboacional da zona, en especial en sectores como o turístico e o agroalimentario. Animan a impulsar ambos apoiando novas iniciativas emprendedoras e a profesionalización de actividades xa existentes co peche de ciclos produtivos, sendo a súa cada vez máis consolidada industria cárnica un referente (por aunar tradición e calidade) para esta liña de traballo.

Na reunión mantida, a organización empresarial lucense fixo un repaso polo traballo executado ao longo de 2025, suliñando a aposta polo mantemento de servizos moi orientados ao apoio ó empresario da provincia, como Conecta Lugo (adicado á información e asesoramento en materia de innovación, sostibilidade ou competitividade) ou os Gabinetes de Igualdade e Prevención de Riscos Laborais, pensados para facilitar o comprimento da normativa vixente nesta área ao tecido empresarial provincial, e en especial as pequenas e moi pequenas empresas, con dificultades para coñecer e adaptarse aos cambios normativos nestas áreas. 

En todos estos servizos, sostidos co financiamento da Xunta de Galicia, a CEL atende unha media que supera ampliamente as cen consultas anuais personalizadas (con informes e atención individualizada) aínda que acada unha pegada informativa moito maior, artellada a través de xornadas presenciais e online, obradorios e outras iniciativas máis xenéricas.

A CEL completa a súa acción anual con actividades en materia de comercio exterior e internacionalización postas en marcha co apoio da Deputación de Lugo, así como con outros servizos de asesoramento e información como orientación laboral ou a axencia de emprego, liñas de traballo que proxecta manter de cara a 2026.