Escrito o:
XORNADA | O mercado da República Dominicana
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza para o vindeiro martes 16 de decembro a xornada - país "O Mercado da República Dominicana", no marco das actividades que a entidade pon en marcha co apoio da Deputación de Lugo para fomentar a internacionalización das empresas lucenses.
A xornada, que terá lugar en horario de 17:00 a 18:30 horas na modalidade online, contará coas achegas de José Manuel Santos Vólquez, CEO de Healthy Corner Group, empresa líder no mercado nacional dominicano de specialty food, cun portafolio de máis de 20 marcas estadounidenses e presenza en máis de 500 puntos de venda. José Manuel Santos é ademais un profesional con máis de 25 anos de experiencia nos sectores financeiro, comercial, internacional e de distribución especializada e posúe unha sólida formación académica e unha traxectoria marcada polo emprendimiento, a innovación e o desenvolvemento de novos modelos de negocio na República Dominicana. A maiores, está prevista a presenza dun representante de CORPADOM (Confederación Patronal da República Dominicana)
República Dominicana
A República Dominicana é un país democrático e estable situado no Caribe na zona central das Antillas, o segundo máis extenso dos países insulares caribeños, despois de Cuba. España é un dos seus principais socios comerciais, o seu cuarto maior investidor, e un dos seus principais provedores xunto a países como Estados Unidos, China ou México. A estabilidade nas relacións bilaterais ao longo da historia facilita e favorece o crecemento e establecemento das empresas españolas no país.
As oportunidades de negocio en República Dominicana son variadas e diversas. Máis aló do potente sector turístico aínda que en relación con el, destacan sectores como maquinaria, materiais de construción, mobiliario refrixeración, industria alimentaria, artes gráficas ou equipos para a agroindustria. Tamén o sector enerxético (especialmente renovables) e as súas infraestruturas, servizos de consultoría ou mesmo provedores de material médico e farmacéutico contan con posibilidades no país.
Máis info e inscricións
A xornada, especialmente dirixida a empresas de Lugo con interese en acceder a novos mercados en Latinoamérica, é de asistencia libre pero con prazas limitadas, polo que é necesario formalizar inscrición previa a través desta ligazón: