Escrito o:
As empresas de Lugo póñense ao día sobre as súas obrigas laborais
Arredor de 25 persoas se deron cita hoxe na xornada informativa “Check laboral. Está preparada a túa empresa para o cumprimento das obrigas en materia laboral de cara o próximo exercicio?, organizada pola Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) co financiamento da Xunta de Galicia no marco das actuacións do diálogo social na comunidade autónoma.
O encontro de traballo foi inaugurado polo secretario xeral da CEL, Jaime López, e a delegada territorial en Lugo da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López, e contou coas aportacións de Mabel Carballeira, técnica da área laboral de Álvarez Real S.L; Cristóbal Piñón, técnico da dirección de Prevención en Galicia de Ibermutua e Montse Abella, directora da área de Recursos Humanos do Grupo El Progreso.
O secretario da CEL suliñou na apertura da xornada que esta época é un momento óptimo para que as empresas “fagan balance sobre o grao de cumplimento das súas obrigas, qué se debe modificar ou mellorar de cara a 2026 e que novidades se presentan e deberemos de considerar unha vez definidas” mentres que Carmen José López lembrou que se está preparando o Decreto de diálogo social de Galicia, que busca “adaptar este espacio de negociación colectiva ás novas realidades laborais, actualizar a composición das mesas que o componen e consolidar a súa laboura e definir novos grupos de traballo para afrontar retos coma o do absentismo laboral”.
Hiperregulación normativa
A xornada contou coa tres intervencións de diferentes entidades para dar a coñecer a situación e novidades en materia de normativa laboral.
Máis concretamente, iniciou a xornada Mabel Carballeira, técnica da área laboral do despacho Álvarez Real S.L., que realizou un completo repaso sobre as obrigas, que as empresas en xeral, e as empresas de máis de 50 traballadores en particular, deben cumplir en materia laboral (protocolo de acoso, plans de igualdade e LGTBI, desconexión dixital ou canles de denuncia, SMI, rexistro horario…). Algunhas destas cuestións, como como o SMI ou o control horario dixital, aínda pendentes de publicación de decreto definitivo e con dúbidas sobre cómo quedarán finalmente.
A segunda intervención correu a cargo de Cristóbal José Piñón, técnico da Dirección de Prevención en Galicia de Ibermutua, que falou de absentismo laboral e riscos psiosociais. Repasou datos como que en 2024 se rexistraron debido ao absentismo 1.700 millóns de horas de traballo perdidas, 1,5 millóns de traballadores ausentes ó día e 37.000 euros de custe do absentismo no país, que acadou unha tasa do 6,7% de las horas pactadas en 2024, chegando ao 7,5% en 2025, un novo máximo histórico. Achegouse ó impacto da saúde mental neste absentismo, avogando pola búsqueda de solucións conxuntas que fagan fronte a esta realidade, apuntando que dende as Mutuas se pode apoiar ás empresas aportar solucións como asesoramento en programas de apoio psicolóxico, accións de sensibilización e educación, xornadas técnicas, entroutras.
Pechou a xornada Montse Abella, responsable de Recursos Humanos de Grupo El Progreso, que explicou todos os plans e protocolos dos que dispón este grupo empresarial, tanto obrigatorios como voluntarios, e as vantaxes e desafíos que presenta o cumplimento co establecido en todos estos documentos, destacando a importancia non solo do seu deseño senón tamén do proceso de implementación e da formación e sensibilización dos traballadores. Entre as vantaxas destacou a reducción de riscos legais e sancións ou contar cun marco de actuación claro ante situacións sensibles, e entre os desafíos o incremento da carga documental e de auditorías ou a necesidade de actualización constante ante os cambios normativos.
Como conclusión compartida entre ponentes e asistentes a este repaso sobre normativa laboral, destacouse a presión que soportan as empresas, que deben cumplir con multitude de requisitos en áreas moi diversas dentro da laboral, dende a propia contratación a igualdade, conciliación, protección de datos, rexistro horario, teletraballo e un largo etcétera que obriga a unha actualización e revisión constante. Insistiuse na dificultade de total cumplimento tanto pola hiperregulación existente como incluso, en ocasións, pola falta de concreción procedimental tras a publicación das normas. Unha cumprimento aínda máis complicado entre as pequenas e moi pequenas empresas, que constitúen a práctica totalidade do tecido da provincia de Lugo.