Escrito o:
XORNADA INFORMATIVA | Check laboral 2026
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, co apoio da Xunta de Galicia e na contorna das actuacións do Diálogo Social en Galicia, a xornada informativa "Check laboral 2026. Está preparada a túa empresa para o cumprimento das súas obrigas en materia laboral de cara ao próximo exercicio?" na que se abordará, da man de expertos en materia laboral e dende diferentes puntos de vista, cuestións de actualidade en materia laboral que preocupan ás empresas lucenses.
Máis concretamente, o programa, descargable en pdf ao final desta entrada, contempla a participación de especialistas en asesoramento laboral do despacho ÁLVAREZ REAL S.L., que realizarán un repaso sobre as obrigas que as empresas en xeral, e as empresas de máis de 50 traballadores en particular, deben cumprir en materia laboral (protocolo de acoso, plans de igualdade e LGTBI, desconexión dixital e canle de denuncia, SMI, rexistro horario…); técnicos de IBERMUTUA, que falarán de riscos pisosociais e absentismo laboral e a experiencia práctica dunha empresa no cumplimento de determinadas obrigas laborais.
A xornada terá lugar o próximo día 2 de decembro, martes, en horario de 10:00 a 13:00 horas, en formato presencial na sede central da CEL.
As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode tramitarse a través da seguinte ligazón: