Voltar atrás

Escrito o:

Aprender a estar no lugar do outro nas empresas

A sede central da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) acolleu hoxe unha novedosa e interesante xornada práctica impulsada por Inserta Empleo (Fundación ONCE) para fomentar o coñecemento das dificultades e, á súa vez, beneficios que aportan as persoas con discapacidade aos equipos de traballo nas empresas. 

A xornada, inaugurada polo secretario xeral da CEL, Jaime López, contou coa participación de Beatriz Gallego, directora rexional Galicia en Inserta Empleo, e Zaida Fernández, técnico de atención a empresas en Inserta Empleo.

Deseñada como unha dinámica de grupo lúdica e intensiva, baixo metodoloxía vivencial basada na experimentación e o descubrimento a través do xogo colaborativo,  na jornada realizáronse diferentes actividades interactivas durante as que os asistentes experimentaron de forma persoal y de primera man cómo viven as persoas con discapacidade, retos aos que se enfrontan ou estratexias que empregan para superalos, xerando un especial valor engadido nas empresas. 

En total, participaron unha ducia de persoas, representantes de asociacións e empresas lucenses, como a Asociación Provincial de Hostalaría e Turismo de Lugo, Grupo El Progreso, Clínica Dinán, Estudios Rafer, Naviaventours viaxes con esencia, Grupo SADA, Ausolán ou Cix Formación. 

Inserta Empleo e CEL lembran que a inclusión non é solo unha cuestión de responsabilidade social, senon unha vantaxa competitiva. As empresas con equipos diversos e contornas accesibles no soamente xeran maior compromiso e creatividade, senón que tamén melloran a súa reputación e atraen talento altamente cualificado.