Escrito o:
FORO CONECTA LUGO | Industrialización sostible
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, no marco da iniciativa CONECTA LUGO, o Foro Económico "Industrialización sostible", un encontro co que se pretende crear un espazo de diálogo entre o tecido económico, social e académico lucense, analizando os retos industriais da provincia de Lugo, para poder afrontar o difícil reto da transición ecolóxica e sustentable mediante a industrialización dos sectores máis potentes e con proxección na economía provincial, como o sector agroalimentario.
Este Foro terá lugar no Hotel Méndez Núñez de Lugo o próximo día 25 de de novembro, martes, en horario de 9:15 a 14:00 horas. Contará coa participación, con relatorio maxistral, de Deborah García Bello (Deborah Ciencia), así como con intervencións de representantes de Administración, Universidade e mundo empresarial. Entroutros, xa están confirmados tamén representantes de empresas como AMSlab, Aresa ou Aluman.
Máis concretamente, o Foro dividirase en diferentes intervencións e mesas de traballo, seguindo o seguinte programa (descargar programa completo en pdf ao final desta entrada):
09:15 h.- Rexistro
09:30 h.- Benvida Institucional
09:45 h.- Intervención de apertura
10:30 h.- Mesa redonda "A ciencia a favor do territorio"
11:00 h.- Pausa - café
11:30 h.- Mesa redonda "Lugo fronte ao reto industrial"
12:30 h.- Relatorio maxistral - Deborah García Belo (Deborah Ciencia)
13:30 h.- Clausura e aperitivo
As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición que xa pode tramitarse nesta ligazón:
INSCRICIÓN FORO CONECTA LUGO Industrialización sostible
CONECTA LUGO é unha iniciativa conxunta da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), e a Confederación de Empresarios de Lugo, destinada a fortalecer a competitividade das empresas lucenses vía servizos de información e asesoramento personalizado.