Escrito o:
XORNADA SENSIBILIZACIÓN | Ponte no meu lugar
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) colabora con Inserta Empleo (Fundación ONCE) na organización dun encontro de traballo para mellorar a inclusión na contorna laboral.
Trátase dun evento de dúas horas de duración, que terá lugar o próximo día 20 de novembro, xoves, en horario de 10:00 a 12:00 horas, na nosa sede central (Praza de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta) no que contaremos con Beatriz Galego, directora rexional Galicia en Inserta Empleo, e Zaida Fernández, técnico de atención a empresas en Inserta Empleo.
Trátase dunha xornada de carácter práctico, deseñada como unha dinámica de grupo lúdica e intensiva, na que se realizarán actividades para que os asistentes experimenten de forma persoal e de primeira man como viven as persoas con discapacidade, retos aos que se enfrontan e o valor engadido que achegan aos equipos de traballo.
Inserta Empleo e CEL lembran que a inclusión non é só unha cuestión de responsabilidade social, senón unha vantaxe competitiva. As empresas con equipos diversos e contornas accesibles non só xeran maior compromiso e creatividade, senón que tamén melloran a súa reputación e atraen talento altamente cualificado.
A final desta entrada pode descargarse cartel e documento informativo sobre unha xornada dirixida a CEOs e persoal da área de Recursos Humanos das empresas.
Prazas limitadas. Inscrición nesta ligazón.