Escrito o:
SESIÓN DIVULGATIVA | Sistemas Informáticos de Facturación (VERI*FACTU)
A Delegación da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) de Lugo, coa colaboración da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), organiza en Lugo, o próximo día 27 de novembro, xoves, unha sesión divulgativa co obxecto de dar a coñecer as novidades normativas en materia de Sistemas Informáticos de Facturación, así como as novas posibilidades de subministración de información transaccional para PEMES e autónomos. Todo iso no marco do Real Decreto 1007/2023.
A sesión, que será aberta polo secretario xeral da CEL, Jaime López, e a subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, contará coas achegas de María Elena Rosendo Vázquez, delegada da AEAT en Lugo e Iván Gil Vázquez, técnico de Facenda da Delegación da AEAT en Lugo. A sesión pecharase cunha quenda para preguntas e resolución de dúbidas.
Esta xornada está prevista ás 12:30 horas, cunha duración aproximada de hora e media. O acceso é libre e gratuíto previa reserva de praza na seguinte ligazón:
INSCRICIÓN CURSO | Sistemas Informáticos de Facturación (VERI*FACTU)