Escrito o:
Éxito de afluencia en Viveiro ao Foro Económico Conecta sobre A Mariña
Máis dun centenar de persoas se deron hoxe cita en Viveiro no Foro Económico "Unha mirada ao futuro de Viveiro e A Mariña", un encontro organizado pola Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) da man da Xunta de Galicia no marco da iniciativa CONECTA LUGO, e que contaba tamén coa colaboración do Concello de Viveiro.
O foro buscaba analizar as fortalezas e posibilidades de futuro inmediato da Mariña en xeral e Viveiro en particular, analizando oportunidades de alto rendemento que poden xurdir de sectores chave como o forestal, o turismo ou a gastronomía da zona.
A benvida institucional do encontro correu a cargo de de Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, e Jaime López, secretario xeral da CEL, que destacou a necesidade de seguir profundando na colaboración público - privada, segundo as súas palabras “garantía de éxito sempre” como demostra “o éxito deste foro, así como o traballo que vimos desenvolvendo en CONECTA LUGO desde a súa posta en marcha, que incrementou exponencialmente o coñecemento das empresas de Lugo sobre as axudas do Igape e outros organismos por parte das empresas lucenses, así como a súa concorrencia a estos apoios”.
López subliñou tamén que “A Mariña achega case a metade do PIB da provincia” e que é necesario “continuar traballando da man para lograr que o Norte siga sendo un motor fundamental da nosa economía”.
Sustentabildiade e industria
O encontro continuou cunha intervención de Carmen José López como delegada territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, e a mesa redonda “Os sectores estratéxicos da Mariña: o forestal", coa participación do catedrático da USC e presidente da Asociación Forestal de Galicia-AFG, Antonio Rigueiro, a empresaria Sara Montero López de Madeiras Edelmiro López e José Manuel Tubío Baliño, director de Subministración de Madeira en Pé de ENCE.
Nesta mesa destacouse que o forestal aínda ofrece moitas oportunidades para A Mariña de cara ao futuro, pero que sobre el tamén se ciernen importantes ameazas tanto desde o punto de vista ambiental (co cambio climático) ou laboral (con falta de persoal e substitución xeracional) que hai que ter en conta e paliar para continuar sendo competitivos no mercado global.
Avanzar na superación do minifundio con fórmulas de xestión forestal conxunta tamén se ve clave nun sector que valora positivamente a prórroga da moratoria do eucalipto.
Pola súa banda, na mesa sobre “O futuro de Viveiro” interviron o CEO de Corpus Services, Pedro M. López Pernas; o responsable comercial de Electromecánicos Viveiro, Ramón Basanta ou do CEO de Transportes Valín e Embutidos Montepicato, Eduardo Valín, así como Hugo Criado, CEO de Medrar Innovation Office, como moderador. Trataron de achegar a súa visión empresarial sobre o municipio viveirense, vendo que aínda sectores chave como o turístico ou o pesqueiro teñen percorrido e oportunidades de crecemento, e valorando que nos momentos de cambio e progreso actuais resulta crucial “a colaboracion público-privada” e financiamento que permita “avanzar en innovación”.
Homenaxe
O programa do Foro completouse cunha homenaxe á traxectoria empresarial de máis de 50 anos do Grupo Nito, cuxo fundador, Manuel Balseiro, xa recibiu en 2023, a proposta da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, o "Premio Nacional de Hostalaría" como "Empresario Hostaleiro do Ano”.
Conecta Lugo
CONECTA LUGO é unha iniciativa conxunta da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), e a Confederación de Empresarios de Lugo, destinada a fortalecer a competitividade das empresas lucenses vía servizos de información e asesoramento personalizado.