Voltar atrás

Escrito o:

XORNADA | Saúde física e mental da persoa traballadora: medidas preventivas

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza para o próximo día 21 de outubro de 2025, martes, a xornada informativa "Saúde física e mental da persoa traballadora: medidas preventivas", organizada co obxectivo de afondar na importancia de coidar a saúde física e mental nas contornas laborais como paso previo imprescindible para o coidado da saúde xeral das persoas traballadoras, e no marco da programación informativa e formativa 2025 en materia de seguridade e saúde laboral financiada pola Xunta de Galicia

Para iso, buscará axudar a identificar os factores que afectan o benestar dos empregados, explorando estratexias efectivas para promover contornas laborais saudables e previr riscos laborais relacionados coa saúde física e mental. Tamén pretende favorecer o coñecemento e adopción de medidas preventivas de cara a mellorar as condicións de traballo e a súa xestión, como paso previo e imprescindible para protexer a saúde física e mental, motivando condicións de traballo axeitadas fronte a exposicións adversas para a saúde. Pódese ver o programa completo de contidos no pdf adxunto ao final desta entrada. 

A xornada terá lugar na sede central da CEL en Lugo, en formato presencial en horario de 10:00 a 13:00 horas. Está dirixida a preferentemente a persoas traballadoras e empresas, especialmente pemes e contará coas achegas dun técnico especializado en xestión da prevención de riscos laborais. 

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode tramitarse na seguinte ligazón:

INSCRICIÓN XORNADA SAÚDE FÍSICA E MENTAL DA PERSOA TRABALLADORA: MEDIDAS PREVENTIVAS 21-10-2025