Escrito o:
Foro Económico | Unha mirada ao futuro de Viveiro e A Mariña
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, no marco da iniciativa CONECTA LUGO, o Foro Económico "Unha mirada ao futuro de Viveiro e A Mariña", un encontro que busca analizar as fortalezas e posibilidades de futuro inmediato da Mariña en xeral e Viveiro en particular, analizando oportunidades de alto rendemento que poden xurdir de sectores chave como o forestal, o turismo ou a gastronomía da zona.
Este Foro terá lugar no Hotel Thalasso Cantábrico As Sirenas o próximo día 25 de outubro, sábado, en horario de 9:30 a 13:30 horas e contará con intervencións de representantes da Xunta de Galicia e doutras entidades de interese como a Universidade, así como dalgunhas das empresas dinámicas con casos de éxito en ou trasladables á zona.
Máis concretamente, o Foro, que tamén conta coa colaboración do Concello de Viveiro, dividirase en diferentes intervencións e mesas de traballo, seguindo o seguinte programa:
09:30 h.- Rexistro
10:00 h.- Benvida Institucional
10:15 h.- Intervención "A oportunidade dunha Galicia Industrial verde e sustentable"
10:30 h.- Mesa redonda "Os sectores estratéxicos de A Mariña: o forestal"
11:00 h.- Pausa - café
12:00 h.- Mesa redonda "O futuro de Viveiro"
13:00 h.- Peche
13:30 h.- Aperitivo
Á espera de peche definitivo do programa, está confirmada xa a asitencia de representantes da Xunta de Galicia, a USC, a Asociación Forestal Galega, Madeiras Edelmiro, ENCE, Corpus Service, Electromecánicos de Viveiro ou Transportes Valín, entroutros.
As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición que xa pode tramitarse nesta ligazón:
INSCRICIÓN FORO ECONÓMICO UNHA MIRADA AO FUTURO DE VIVEIRO E A MARIÑA
CONECTA LUGO é unha iniciativa conxunta da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), e a Confederación de Empresarios de Lugo, destinada a fortalecer a competitividade das empresas lucenses vía servizos de información e asesoramento personalizado.