Escrito o:
Riscos laborais e medidas preventivas na era dixital
A finais deste mes de outubro, este ano entre os días 20 e 24, celébrase a Semana Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo 2025 coincidindo, como sempre, coa semana 43 do calendario.
Esta cita, organizada pola Axencia Europea da Seguridade e a Saúde no Traballo (EU - OSHA), chega este exercicio ao fin da campaña "Traballos seguros e saudables na era dixital", iniciada en 2023 co obxectivo de concienciar sobre os grandes retos e riscos en termos de seguridade e saúde que expón o uso de tecnoloxías dixitais en contornas laborais.
Desde a CEL quixemos afondar tamén nesta temática nova e transversal coa edición de tres vídeos breves e divulgativos sobre diferentes riscos e medidas preventivas en contornas dixitais, centrándonos no teletraballo, o uso de dispositivos electrónicos e uso da intelixencia artificial. De curta duración (pouco máis de dous minutos cada un) e moi concretos, animamos ao seu visionado e difusión: coidar da túa saúde e a dos teus é un investimento de presente e de futuro.
VÍDEO SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO: O TELETRABALLO
VÍDEO SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO: USO DE DISPOSITIVOS ELECTRÓNICOS
VÍDEO SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO: USO DE INTELIXENCIA ARTIFICIAL
Financiados pola Xunta de Galicia