Escrito o:
Foro Corredor Galicia & Asia 2025
Lugo acolle os próximos días 9 e 10 de outubro o Foro Executivo "Corredor Galicia & Asia 2025", promovido pola Asociación Asia-China para a Cooperación e o Desenvolvemento Internacional (AACCDI) e organizado por Prorural Galicia coa colaboración desta Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e o Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Igualmente, conta co apoio institucional da Deputación Provincial de Lugo, o Concello de Lugo e a Xunta de Galicia.
O foro busca converterse no epicentro do diálogo empresarial e estratéxico entre Galicia e Asia, atendendo a áreas significativas como saúde, alimentación e envellecemento, para o que contará coa presenza de empresas e investigadores relacionados con esas áreas e tamén innovación, sustentabilidade, benestar social e desenvolvemento territorial.
A axenda inclúe unha primeira xornada institucional e cultural o 9 de outubro, coa recepción oficial á delegación asiática e visitas ao Concello e a Deputación, ademais dun percorrido patrimonial polo centro histórico de Lugo, declarado Patrimonio Mundial pola UNESCO.
Pola súa banda, o día 10 de outubro celebrarase o foro executivo en si no Campus Terra da USC, con bloques de traballo que inclúen pnencias estratéxicas de líderes asiáticos como o Sr. Yan Qunchao (GDARA) e a Dra. Yang Kun (AIMA; panel de oportunidades galegas, onde empresas locais presentarán as súas propostas de valor á delegación asiática ou mesas temáticas de networking dirixido, orientadas a xerar proxectos piloto, acordos marco e colaboracións concretas.
O evento sitúa a Lugo como un punto de encontro global para o intercambio empresarial e a cooperación internacional, reforzando o seu papel na internacionalización do tecido económico galego e proxectando a Galicia como socio estratéxico en Asia.