Escrito o:
As opcións de entrada no mercado de Arxentina, a análise nunha xornada na CEL
A sede central da CEL acolleu onte unha xornada informativa sobre o mercado de Arxentina, organizada pola organización empresarial lucense co apoio e o financiamento da Deputación de Lugo.
A xornada foi inaugurada polo presidente da Deputación de Lugo, José Tomei Roca, e o secretario da CEL, Jaime López, que subliñou na súa intervención que esta actividade entra "dentro da liña de traballo da CEL de fomentar o establecemento de novas relacións comerciaels no exterior do tecido empresarial lucense, como vía de crecemento e consolidación da súa actividade".
Igualmente, López destacou a posición preferente de España e Galicia na entrada aos mercados lationamericanos grazas aos lazos culturais, económicos "e mesmo familiares" mantidos durante anos, o que confire unha vantaxe competitiva "ás nosas empresas", máis agora que se pechan novos acordos comerciais como o de Unión Europea e Mercosur.
Pola súa banda, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomei, destacou a importancia de abrir novos mercados para o tecido empresarial da provincia e de traballar de mánoa administracións e empresas para crear riqueza e xerar novas oportunidades de negocio. Destacou ademais que "na provincia de Lugo temos talento, empresas competitivas e capacidade para abrirnos ao mundo" e que para avanzar "é fundamental que institucións e empresarios camiñemos xuntos, sumando esforzos para xerar riqueza e emprego na nosa provincia".
Engadiu que a Deputación "quere ser un socio estratéxico, un aliado real do noso tecido empresarial, acompañando as empresas nolos seus procesos de crecemento e apoiándoas na súa internacionalización, porque cando unha empresa lucense crecemento e crea emprego, toda a provincia sae beneficiada" e insistiu en que "a internacionalización é unha vía crave para construír unha provincia máis aberta, innovadora e con futuro".
A xornada contou coas achegas de Juan Crego, licenciado en Enxeñaría Agrónoma e Comercio Internacional e consultor independente en internacionalización, con dilatada experiencia no sector cárnico arxentino e na apertura de mercados internacionais, e Marcelo Ballerio, médico veterinario con posgrao en Agronegocios, experto en inocuidad alimentaria. Ambos analizaron en profundidade as oportunidades de negocio que ofrece a Arxentina, os sectores con maior potencial para a exportación de produtos galegos e as vantaxes derivadas do acordo UE-Mercosur, que elimina gran parte das barreiras arancelarias e facilita a entrada de empresas europeas neste mercado de máis de 46 millóns de consumidores.
O encontro dá continuidade á xornada sobre o mercado uruguaio celebrada o pasado verán en Ribadeo, consolidando así unha serie de accións que teñen como obxectivo ofrecer información, experiencias e ferramentas prácticas para que as empresas lucenses poidan explorar con garantías novos destinos comerciais, especialmente en América Latina, unha rexión que ofrece oportunidades crecentes para sectores estratéxicos da provincia.