Voltar atrás

Escrito o:

XORNADA | O mercado da República Argentina

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza para o vindeiro martes 30 de setembro a xornada - país "O Mercado da República Arxentina?, no marco das actividades que a entidade pon en marcha co apoio da Deputación de Lugo.

A xornada, que terá lugar en horario de 17:30 a 19:00 horas na sede central da CEL, contará coas achegas de Juan Crego, licenciado en Enxeñaría Agrónoma e Comercio Internacional e consultor independente en internacionalización, con dilatada experiencia no sector cárnico arxentino e na apertura de mercados internacionais, e Marcelo Ballero, médico veterinario con posgrao en Agronegocios, experto en inocuidad alimentaria. 

Este encontro organízase como actividade previa a unha misión empresarial a Uruguai e Arxentina que a CEL está a organizar, tamén co apoio da Deputación de Lugo, para o mes de novembro.

Arxentina

A República Arxentina é un país con máis de 46 millóns de habitantes que ofrece importantes oportunidades de negocio import - export, en especial pola súa situación estratéxica e a súa condición de país fundador de Mercosur xunto con Brasil, Paraguai e Uruguai.

Por outra banda, xa de maneira tradicional España e Arxentina manteñen unha estreita relación bilateral, marcada polos fluxos migratorios, o investimento, o comercio e o turismo, sendo España o segundo principal investidor no país, chan por detrás de EE.UU. A oferta comercial española é, ademáis, moi valorada, e a recente firma do acordo UE - Mercosur elimina en gran medida barreiras arancelarias que dificultaban a entrada de determinados produtos españois. Máis concretamente, o acordo suprime os aranceis ao 91% das exportacións europeas, o que se calcula aforrará ás empresas da UE máis de 4.000 millóns de euros anuais en aranceis.

Máis info e inscricións

A xornada, especialmente dirixida a empresas de Lugo con interese en acceder a novos mercados en Latinoamérica, é de entrada libre pero con prazas limitadas, polo que é necesario formalizar inscrición previa a través desta ligazón: 

INSCRICIÓN XORNADA MERCADO REPÚBLICA ARXENTINA