Escrito o:
XORNADA | Riscos psicosociais e prevención do acoso
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza para o próximo día 18 de setembro de 2025, xoves, a xornada informativa "Riscos psicosociais e prevención do acoso en contornas laborais", organizada co obxectivo de dotar a traballadores e empresarios de información sobre riscos psicosociais, normativa aplicable para mellorar as condicións laborais fomentando a saúde mental e como previr situacións de acoso nos centros de traballo.
A xornada terá lugar na sede central da CEL en Lugo, en formato presencial en horario de 10:00 a 13:00 horas, cunha pausa café para networking de traballo. Está dirixida a preferentemente a persoas traballadoras e empresas, especialmente pemes e contará coas achegas dun técnico especializado en xestión da prevención de riscos laborais.
As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode tramitarse na seguinte ligazón:
INSCRICIÓN XORNADA RISCOS PSICOSOCIAIS E PREVENCIÓN DO ACOSO 19-09-2025
Coa xornada deste xoves a CEL retoma, tras a pausa estival, a programación 2025 de accións informativas e formativas en materia de seguridade e saúde laboral, con inscrición aínda aberta. Igualmente, e tamén no ámbito das relacións laborais, a CEL ten en marcha tres cursos online para capacitación en actividades relacionadas co diálogo social e a negociación colectiva.