Escrito o:
WEBINARIO | Axudas ASG Igape
A CEL invita ás empresas da provincia de Lugo a participar no webinario que, co apoio da Xunta de Galicia, terá lugar o vindeiro martes, 12 de agosto, ás 12:00 h. no que se abordará:
- Claves e requisitos da convocatorioa IGAPE ASG 2025.
- Exemplos de proxectos subvencionables.
- Como presentar a solicitude de forma existosa.
Trátase de axudas ás que se poden acoller proxectos que teñan como obxectivo a mellora do impacto ambiental (sustentabilidade, pegada de carbono, economía circular, etc.), a xestión social, así como o fortalecemento da gobernanza; podendo obter ata un 50% de financiamento.
Contaremos coas aportacións de BeGreenfy, consultora estratéxica especializada en sustentabilidade e criterios ASG. A súa metodoloxía integra análise técnico, ferramentas dixitais e acompañamento continuo para medir, planificar e optimizar o desempeño sostible; todo iso co obxectivo de axudar ás empresas a transformar os seus compromisos en resultados concretos.
A asistencia é totalmente gratuíta, pero requírese preinscrición cumplimentando o sequinte FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN