Voltar atrás

Escrito o:

A CEL considera que a dixitalización unha gran oportunidade para a supervivencia del comercio tradicional

O secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López, participou a pasada semana nunha mesa redonda sobre "Retos e oportunidades do sector comercial", organizada no marco dunha xornada divulgativa de APE Galicia en Lugo e que tamén contou coas achegas do director xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Gabriel Alén, e de representantes da Federación de Comercio de Lugo e de AJE Lugo.  

O secretario da CEL lembrou que, segundo alertan diferentes organizacións de autónomos, e de acordo cos datos de afiliación á seguridade social, durante 2024 produciuse o peche de máis de ao redor de 9.000 comercios en España, o que supón a perda duns 25 establecementos comerciais ao día, por diversas causas entre as que destacan a falta de substitución xeracional, a irrupción das plataformas de venda online, a competencia das grandes superfices ou a continua subida de custos. Ante estes retos, á dixitalización é para a CEL unha das grandes oportunidades e apostas para garantir a supervivencia do pequeno comercio.

A xornada, que tivo lugar no edifico de ABANCA en Lugo, abordou outras cuestións de interese como os problemas de substitución xeracional de autónomos e pequenas empresas ou novidades en facturación electrónica, ademais de contar coa intervención de José González, conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, que puxo en valor as políticas públicas centradas en ámbitos prioritarios como a remuda xeracional, o emprendimiento, a formación continua e o acompañamento personalizado.

A este respecto, lembrou que todas as persoas interesadas en traspasar un negocio en Galicia poden acudir á Rede de Polos "con cinco oficinas activas na provincia de Lugo, en Friol, Mondoñedo, Sarria, A Fonsagrada e Monforte de Lemos, que en conxunto xa atenderon preto de 1.000 proxectos emprendedores" para darlle visibilidade á súa oferta e solicitar ao persoal técnico asesoramento no proceso de transmisión. Ademais, mencionou que teñen á súa disposición apoios económicos clave como o Bono remuda (1,2 M?) que este ano engade como novidade ?ás axudas xa incluídas para quen asume o relevo?, apoios para quen traspasa por xubilación. Esta é unha do cinco liñas que, por primeira vez, unifícanse no paquete de axudas para autónomos, dotado con máis de 40 millóns de euros. Nel inclúense tamén outras medidas, como o Bono Autónomo Concilia, que ofrece apoio á contratación dunha persoa traballadora para cubrir situacións como unha baixa por maternidade ou paternidade, así como para contratar persoal ou facer fronte a gastos relacionados con centros ou servizos de atención ao coidado de menores ou maiores ao cargo.

Xunto a estas axudas, José González destacou tamén o impulso a ferramentas innovadoras como o chatbot de intelixencia artificial da Oficina Virtual do Emprego Autónomo, deseñado para resolver dúbidas de forma inmediata e accesible. Ademais, avanzou a próxima posta en marcha da Academia Virtual para persoas traballadoras autónomas, unha plataforma dixital que ofrecerá formación e asesoramento práctico para mellorar a xestión e o rendemento dos seus negocios. Este novo espazo permitirá acceder, en calquera momento e desde calquera lugar, a contidos flexibles e adaptados ás necesidades do colectivo, con especial atención a aspectos como a tramitación administrativa, a fiscalidade ou a rendibilidade empresarial.