Voltar atrás

Escrito o:

Caixa Rural Galega, USC e CEL continúa colaborando para impulsar a investigación e a súa transferencia ás empresas en Lugo

Caixa Rural Galega, Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) renovaron o convenio de colaboración para garantir o desenvolvemento de actividades de investigación tecnolóxica no Campus de Lugo e a súa difusión no medio económico e social, favorecendo así a interrelación entre as actividades universitarias e as necesidades empresariais na provincia. 

A renovación tivo lugar formalmente onte coa firma dun acordo de colaboración entre as entidades asinantes nun acto celebrado na sede de Caixa Rural Galega, e que contou coas intervencións de Manuel Varela López, presidente de Caixa Rural Galega; Antonio López Díaz, reitor da USC, e Jaime López Vázquez, secretario xeral da CEL. Acompañáronlles o vicerreitor do Campus de Lugo da USC, Francisco José Fraga, e a delegada para o Campus Terra, Mª Elvira López Mosquera.

Desde a CEL sublíñase unha vez máis "a importancia da colaboración público-privada para o éxito do convenio e para o mantemento da actividade investigadora e a promoción do emprendimiento innovador no Campus de Lugo da USC" e destaca o soporte e a aposta decicida de Caixa Rural Galega por "fomentar a investigación e a innovación desde o ámbito universitario para trasladala ás empresas lucenses e mellorar así a súa posición competitiva".

Tres décadas de colaboración

O tres entidades asinantes do acordo levan xa tres décadas mantendo esta colaboración en materia de investigación e innovación, desde 1995. Caixa Rural Galega achega 50.000 euros para financiar o traballo de investigación e tranferencia tecnolóxica ás empresas, a USC proporciona as instalacións para a súa desenvolvemento, e a CEL dfunde a oferta dos investigadores do Campus entre as empresas lucenses.