Voltar atrás

Escrito o:

FORMACIÓN | Novas accións formativas en prevención de riscos laborais

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) ten programadas, entre os meses de setembro e outubro, novas accións formativas en materia de prevención de riscos laborais.

Organizadas co financiamento da Xunta de Galicia no marco de diferentes programas de fomento da seguridade e a saúde en contorna laborais, están deseñadas para persoas traballadoras e empresarios.

Aínda que o acceso é libre, as prazas son limitadas (entre 15 e 18 por curso), polo que é imprescindible inscrición previa, que pode tramitarse nas seguintes ligazóns:

XORNADA RISCOS PSICOSOCIAIS E PREVENCIÓN DO ACOSO (Presencial | 18 de setembro de 2025) - INSCRICIÓN
XORNADA PRIMEIROS AUXILIOS NO ÁMBITO LABORAL (Presencial | 26 de setembro de 2025) - INSCRICIÓN
XORNADA SAÚDE FÍSICA E MENTAL. MEDIDAS PREVENTIVAS. (Presencial | 21 de outubro de 2025) - INSCRICIÓN

CURSO METODOLOXÍA E IMPLANTACIÓN DAS 5s (Teleformación | del 22 de septembro ao 21 de octubro de 2025) - INSCRICIÓN
CURSO XESTIÓN DO ESTRÉS NA ATENCIÓN TELEFÓNICA (Teleformación | Do 7 ao 17 de octubro de 2025) - INSCRICIÓN 

Ao final desta entrada poden descargarse en pdf programas completos de cada unha destas accións formativas. Máis información e consulta de dúbidas no teléfono 982 23 11 50.