Escrito o:
A Mariña achégase á innovación en comercio e turismo
Un novo evento informativo e de traballo CONECTA LUGO de CEL e Xunta de Galicia tivo lugar onte na Mariña, concretamente no muncipio de Viveiro, para analizar nesta ocasión as posibilidades de innovar en sectores tradicionais como comercio e turismo e entre as pequenas e medianas empresas da provincia de Lugo.
O encontro iniciouse cunha benvida insititucional de representantes de CEL e Concello de Viveiro, tras a que se realizou unha presentación do mapa de axudas públicas do IGAPE 2025 e da Oficina Económica de Galicia, centrada en apoios á dixitalización, modernización comercial, desenvolvemento de produto turístico e mellora da competitividade. Ademais, contouse coa presenza de Paloma Vázquez, xefa da área de Turismo de Lugo da Axencia Galega de Turismo, quen presentou a función e recursos da Axencia, clave para facilitar a innovación en pequenas e medianas empresas do sector turístico.
A xornada completouse coa exposición dos promotores de Luzada Skylight Bubbles, innovador proxecto de glamping situado en Xove, que ofrece aloxamentos en burbullas transparentes que permiten aos hóspedes durmir baixo as estrelas en plena natureza, combinando luxo e sustentabilidade, e de Albo Zapaterías, empresa familiar que soubo adaptarse ás novas tendencias do mercado mediante a incorporación de estratexias de dixitalización e sustentabilidade, así como cunha sesión final de networking para fomentar o intercambio de experiencias e a colaboración empresarial.