Voltar atrás

Escrito o:

O potencial da IA para o agroalimentario lucense, a análise nun obradoiro en Friol

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organizou esta mañá un inteso taller de traballo en Friol no marco da iniciativa CONECTA LUGO, de apoio e asesoramento ás empresas en materia de axudas ou innovación que conta co apoio da Xunta de Galicia a través do Igape.

Nesta ocasión o taller, presencial e de carácter práctico, contou coas achegas de José Manuel Fernández García, subdirector de Asesoramento Empresarial e Apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e da Oficina Económica de Galicia, que informou sobre as últimas novidades en materia de axudas á innovación, financiamento e competitividade no ámbito TIC do Igape.

Igualmente, contouse coas presentacións de dúas empresas líderes en novas tecnoloxías e innovacijón, NewMind e ITG Centro Tecnológico Nacional. NewMind presentou as súas aplicacións de IA en agricultura de precisión baseadas en sensores NPK, dendrómetros, satélites e algoritmos de aprendizaxe automática, que permiten optimizar a rega, a fertilización e a produtividade dos cultivos, entre outros. Pola súa banda, o ITG Centro Tecnolóxico Nacional presentou solucións avanzadas baseadas en IA, visión artificial e blockchain aplicadas ao control de calidade na industria láctea, a planificación loxística na industria madeireira ou a predición da demanda na industria alimentaria. 

O evento tamén contou coa participación de representantes da GDR 4 - Comarca de Lugo e do Polo de Emprendemento de Friol, e finalizou cunha dinámica de grupo participativa e un espazo de networking, promovendo a conexión entre empresas, técnicos e entidades públicas.