Escrito o:
As empresas de Lugo infórmanse sobre o programa Re-Acciona do Igape
A CEL pecha a semana cunha xornada de traballo sobre o programa Re-Acciona, que tivo lugar hoxe na súa sede central en formato híbrido (presencial e online), coa asistencia de preto dunha trintena de persoas.
O evento organizouse no marco da iniciativa CONECTA LUGO, servizo de información e asesoramento ás empresas en materia de axudas e apoios á súa actividade que a CEL presta co apoio da Xunta de Galicia a través do Igape, e contou coas achegas de José Manuel Fernández, subdirector de Asesoramento Empresarial e Apoio do Igape - Instituto Galego de Promoción Económica e da Oficina Económica de Galicia, así como de técnicos de consultoras como Álvarez Real, que se centraron nas liñas de protección á a innovación da empresa; Inova Labas, que detallou a liña para circularización e optimización dos procesos de produción, cadea loxística e apoio para empresas emerxentes innovadoras e PFS Grupo, que abordaron consultoría en captación, fidelización e xestión de talento e preparación de procesos certificables. Detalláronse así mesmo casos de éxito que puidesen resultar de referencia para os asistentes.
Re-Acciona é un programa do Igape que ten por obxectivo apoiar ás pequenas e medianas empresas (pemes) galegas no desenvolvemento de solucións que incrementen a súa competitividade, eficiencia e sustentabilidade. O programa dispón dun total de 13 servizos ao redor de tres eixos de competitividade: a análise, a optimización e a estratexia.