Escrito o:
Un novo obradoiro Conecta Lugo percorre as axudas con convocatoria aberta en Galicia para as empresas
A sede central da CEL acolleu onte un novo taller de traballo CONECTA LUGO, denominado "Multiaxudas" porque se realizou un repaso por diferentes liñas de axuda ou apoio á actividade económica en Galicia con convocatoria aberta ou aínda por abrir, como Galicia Exporta Empresas, Préstamos Directos ao Financiamento Empresarial, Axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, Axudas Antiaranceis, Programa de Práctica Profesional ou EMEGA, entre outros.
Participaron técnicos do Igape e de consultoras como Medrar Innovation Office ou Prox Consultores e presentáronse casos de éxito de Allied Steel International, Vancuber (Tu Cubo Camper S.L) e Atendo Calidade.
Á marxe do repaso de axudas, na parte final de coloquio resaltouse a importancia, a fin de garantir un mellor aproveitamento dos apoios dispoñibles, de que as empresas definan ben a idea de proxecto que necesita impulsar, para logo buscar unha axuda pública que encaixe para financialo, e non ao revés.
A CEL lembra ademais ás empresas da provincia que os servizos da iniciativa CONECTA LUGO, que financia a Xunta de Galicia a través do IGAPE, continuarán operativos durante o segundo semestre de 2025 e anímaas a solicitalos para recibir asesoramento e tutelaje se teñen propostas que necesiten financiamento ou outro tipo de apoio.