Escrito o:
OBRADOIRO | Multiaxudas: programas pendentes 2025
Antes da irrupción do período estival e co obxectivo de asegurar o máximo aproveitamento das convocatorias de axudas públicas neste 2025, a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, co apoio da Xunta de Galicia, un taller práctico de traballo no marco da iniciativa CONECTA LUGO.
O taller, de dúas horas de duración, terá lugar en Lugo, na sede central da CEL, en modalidade híbrida (presencial e online), o próximo día 3 de xullo, xoves, en horario de 11:00 a 13:00 horas. Incluirase información sobre programas aínda disponbles para solicitude en 2025 como Galicia Exporta Empresas, Préstamos Directos ao Financiamento Empresarial, Axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, Axudas Antiaranceis, Programa de Práctica Profesional para Mozos ou EMEGA, entroutros.
Prevese a participación de relatoras de consultoras especializadas na solicitude e segumiento deste tipo de apoios, así como do Igape e a Oficina Económica de Galicia.
Dirixido a emprendedores e pequenas e medianas empresas con novos proxecto susceptibles de recibir axudas así como a asesorías interesadas en ampliar o seu coñecemento sobre o funcionamento de solicitude de incentivos e subvencións autonómicas.
A asistencia é gratuíta pero é necesario reservar praza na seguinte ligazón: