Escrito o:
Gabinete Técnico de Igualdade 2025
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) mantén en funcionamento este 2025 o seu Gabinete Técnico de Igualdade, un servizo posto en marcha co financiamento da Xunta de Galicia e o Ministerio de Traballo e Economía Social, a través do Servizo Público de Emprego (SEPE), a través do que se proporciona información e asesoramento ás empresas da provincia de Lugo en materia de igualdade e respecto á diversidade en contornas laborais.
O servizo, opertativo en todas as confederacións provinciais de Galicia e coordinado a través da CEL, aténdense consultas sobre normativa vixente en materia de igualdade e non discriminación, obrigacións a cumprir, protocolos de acoso, plans de igualdade e outras cuestións de interese.
Desde a organización empresarial lucense búscase fomentar unha maior cultura corporativa na materia, fomentando a igualdade laboral e de oportunidades na empresa, a loita contra a brecha salarial e a promoción de ambientes de respecto á diversidade nos centros de traballo de Lugo.
A CEL considera que adoptar medidas de fomento da iguladad e a diversidade, integrándoa como valor corporativo nas empresas, non só contribúe a construír ambientes de traballo máis seguros e saudables, senón que impulsa a competitividade empresarial e contribúe á mellora xeral da sociedade.
As empresas interesadas en máis información ou asesoramento individualizado poden porse en contacto cos técnicos deste Gabinete a través do teléfono 982 23 11 50 ou na dirección de e-mail gabinete.igualdade@cel.es.
A CEL lembra que tamén está aberto o prazo de inscrición en varias accións informativas e divulgativas en materia de igualdade programadas para este exercicio.