Escrito o:
IGUALDADE | Programación divulgativa 2025
A Confederación de Empresarios de Lugo organiza en próximas datas un amplo programa informativo e divulgativo en materia de igualdade, enmarcado nas actividades do exercicio 2025 do Gabinete Técnico de Igualdade da CEL, financiado pola Xunta de Galicia e o SEPE.
O programa, organizado co obxectivo de garantir un maior coñecemento e incorporación ás empresas da provincia de Lugo da lexislación vixente en materia de igualdade, ábrese o vindeiro martes, día 3 de xuño, cunha xornada informativa sobre "Normativa de aplicación nas empresas en materia de igualdade laboral: Últimas novidades", a única que se impartirá en modalidade presencial, na sede central da CEL, en horario de 10:00 a 13:00 horas (a inscrición permanece aberta).
O resto da programación divulgativa, que se impartirá xa na modalidade online, aborda diferentes cuestións de interese na materia como claves para fomentar unha contorna inclusivo nas empresas, a igualdade como motor de cambio empresarial, igualdade da comunidade LGTBI ou protocolos e prevención do acoso na contorna laboral.
Máis info e inscricións
Para máis información sobre esta programación, pode descargarse o programa completo de cada un deles en pdf ao final desta entrada. Respecto das prazas, aínda que a asistencia é libre é imprescindible inscrición, que pode efectuarse nas seguintes ligazóns:
NORMATIVA IGUALDADE. ÚLTIMAS NOVIDADES (Presencial | 3 de xuño de 2025 | De 10 a 13 h.) - INSCRICIÓN
IGUALDADE LABORAL: CHAVES PARA FOMENTAR CONTORNAS INCLUSIVAS (Online | 13 de xuño de 2025 | De 10 a 12 h.) - INSCRICIÓN
DESAFÍOS E OPORTUNIDADES. IGUALDADE DE XÉNERO COMO MOTOR DE CAMBIO EMPRESARIAL (Online | 20 de xuño de 2025 | De 10 a 12 h.) - INSCRICIÓN
GARANTÍA DE LIBERDADE SEXUAL. IGUALDADE NA COMUNIDADE LGTBI (Online | 10 h. | Do 17 ao 30 de xuño de 2025) - INSCRICIÓN
CERO TOLERANCIA: PROTOCOLOS E PREVENCIÓN DO ACOSO NA CONTORNA LABORAL (Online | 3 h. | 10 de outubro de 2025) - INSCRICIÓN
Jornadas divulgativas están abiertas a todo tipo de público (desempleados, trabajadores, emprendedores, autónomos...). Más información y consulta de dudas a través de la CEL (Tel. 982 23 11 50).
NOTA IMPORTANTE: Conforme á normativa en materia de igualdade, as empresas veñen obrigadas a promover condicións de traballo para a protección integral contra as violencias sexuais e evitar situacións de desigualdade e discriminación, debendo ao efecto establecer diferentes medidas tal é o caso da sensibilización e información nesta materia de todo o seu persoal así como a difusión no ámbito laboral da necesaria igualdade de trato e non discriminación, polo que estas accións divulgativas contribúen a acreditar o cumprimento de tales obrigas. A estos efectos, a CEL expedirá a correspondente certificación acreditativa ás persoas que asistan, así como ás empresas cuxo persoal participe nestas accións.