Escrito o:
Formación en Prevención de Riesgos Laborales 2025
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) inicia en próximas datas a impartición dunha nova programación en materia de prevención de riscos laborais, organizada co financiamento da Xunta de Galicia.
En total, no marco desta programación formativa impartiranse un total de oito cursos gratuítos, destinados tanto a desempregados como a traballadores e empresarios da provincia de Lugo.
Máis concretamente, a formación de seguridade e saúde deste ano 2025 abordará cuestións como "Ergonomía da posición e do esforzo", "Metodoloxía e implantación das 5s", "Xestión da tensión na atención telefónica", "Manexo seguro de carretillas elevadoras" (tres cursos) e "Manexo seguro de plataformas móbiles de persoal" (dous cursos). De entre 20 e 56 horas de duración, os contidos e programa completo de cada curso poden descargarse en pdf ao final desta entrada.
Estas accións formativas, nas que poderán participar máis de 140 alumnos, desenvolveranse entre os meses de xuño e outubro en Lugo, en modalidade de teleformación ou presencial, dependendo da materia.
Prazas e inscrición
As prazas son limitadas (máximo 15 - 18 alumnos por acción formativa) e cubriranse por orde de inscrición, que está aberta nestes momentos soamente para un dos cursos:
CURSO ERGONOMÍA DA POSICIÓN E DO ESFORZO (Teleformación | Do 4 de xuño ao 3 de xullo de 2025) - INSCRICIÓN
CURSO METODOLOXÍA E IMPLANTACIÓN DAS 5s (Teleformación | do 22 de setembro ao 21 de outubro de 2025) - INSCRICIÓN
CURSO XESTIÓN DA TENSIÓN NA ATENCIÓN TELEFÓNICA (Teleformación | Do 7 ao 17 de outubro de 2025) - INSCRICIÓN
CURSOS MANEXO SEGURO DE CARRETILLAS ELEVADORAS E PLATAFORMAS MÓBILES DE PERSOAL (Presenciais | Pendentes peche datas)
Máis información e consulta de dúbidas a través da CEL (Tel. 982 23 11 50).
NOTA: De forma paralela a esta programación formativa, a CEL está a organizar formacións específicas e intensivas na área de seguridade e saúde laboral, presenciais e de tres horas de duración cada unha, tamén co financiamento da Xunta de Galicia, que neste 2025 abordarán temáticas como "Primeiros auxilios","Riscos psicosociais e prevención do acoso na contorna laboral" ou "Saúde física e mental das persoas traballadora: medidas preventivas".