Voltar atrás

Escrito o:

XORNADA | Primeiros auxilios no ámbito laboral

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza para o próximo día 6 de xuño de 2025, venres, a xornada informativa "Primeiros auxilios no ámbito laboral", organizada co obxectivo de dotar a traballadores e empresarios de habilidades para actuacións de primeiros auxilios nas súas contornas laborais, ben a nivel inicial ou ben para actualizar coñecementos básicos que adquirisen no pasado nesta materia. 

O hotel Forum CEAO Lugo será o punto de encontro desta xornada, que terá lugar en formato presencial en horario de 10:00 a 13:00 horas, cunha pausa café para networking de traballo, e que está dirixida a persoas traballadoras e empresas, especialmente as pemes. 

A través desta xornada, afondarase na teoría e práctica necesaria para o desenvolvemento de actuacións básicas en primeiros auxilios, para recoñecer as situacións de risco ou emerxencia e adoptar as medidas máis adecuadas en cada caso, para actuación de primeiros auxilios nun accidente laboral, protocolos de actuación de soporte vital básico, entre outros (programa completo descargable ao final desta entrada)

Esta actividade divulgativo - formativa ponse en marcha baixo o amparo das axudas para a realización de actividades no ámbito da prevención de riscos laborais en Galicia, financiadas pola Xunta de Galicia

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode tramitarse na seguinte ligazón:

INSCRICIÓN XORNADA PRIMEIROS AUXILIOS 06-06-2025