Voltar atrás

Escrito o:

XORNADA | Normativa de aplicación nas empresas en materia de igualdade de oportunidades. Últimas novidades.

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza para o próximo día 3 de xuño de 2025, martes, a xornada informativa sobre a "Normativa de aplicación nas empresas en materia de igualdade laboral: Últimas novidades", que se impartirá en modalidade presencial na sede central da CEL en horario de 10:00 a 13:00 horas

A xornada constitúe o pistoletazo de saída das xornadas informativas e divulgativas previstas programadas para este exercicio pola CEL e financiadas pola Xunta de Galicia e o SEPE. 

A xornada contará na súa apertura con representantes da CEL, o Gabinete de Igualdade da CEG e a Xunta de Galicia, e coas achegas como relatora de Cristina Pérez Vázquez, Licenciada en Psicoloxía, Máster en Prevención de Riscos Laborais, Máster en Dirección e Xestión de Recursos Humanos, Axente de Igualdade de Oportunidades que actualmente desenvolve o seu labor en Grupo Isonor. 

Respecto de contidos, centrarase en realizar un repaso sobre as últimas novidades lexislativas que afectan as empresas en materia de igualdade de oportunidades, abordando todas aquelas materias que constitúen obrigacións que abordar como plans de igualdade, protocolos de acoso, dereitos das persoas LGTBI, etcétera (descargar programa completo ao final desta entrada).

Máis info e inscricións

Para máis información sobre esta xornada, pode descargarse o programa completo en pdf ao final desta entrada. Respecto das prazas, aínda que a asistencia é libre, é imprescindible formalizar inscrición. 

INSCRICIÓN XORNADA NORMATIVA EN MATERIA DE IGUALDADE