Voltar atrás

Escrito o:

SERGE incorpórase ao Consello Asesor da CEL

Unha nova empresa amplía o peso do Consello Asesor da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) a partir de agora. Trátase de SERGE Complejos Terapéuticos Gerontológicos en Galicia, a única empresa de servizos sociais 100% de capital galego, que vén de sumarse a este órgano de asesoramento interno da organización empresarial lucense.

Para formalizar a integración, o conselleiro delegado de SERGE, Óscar Neira, e o secretario xeral da CEL, Jaime López, mantiveron un encontro na sede central da CEL en Lugo no que selaron a colaboración de ambas as entidades e tiveron ocasión de intercambiar impresións sobre o sector asistencial, estratéxico para unha Galicia coa poboación altamente envellecida. 

SERGE Complejos Terapéuticos Gerontológicos de Galicia é unha empresa adicada á atención de persoas maiores, tanto dependentes como independentes. Tal e como declaran na súa web, "a nosa filosofía baséase en pornos na pel dos nosos residentes, tratando de proporcionais aqueles servizos e coidados que nos gustaría recibir a nós mesmos nunha situación de dependencia ou de idade avanzada".

A única de servizos sociais 100% de capital galego e integrada no Cluster de Saúde de Galicia, SERGE conta cun total de sete centros, un de día e seis complexos residenciais situados en Guntín, Pobra de San Xiao, Pontevedra, Vigo, Nigrán e O Carbarlliño. En total, ofrece máis de 600 prazas residenciais e emprega a máis de 400 persoas de forma directa. 

SERGE sinala que o seu "modelo de xestión permite combinar a calidade técnica dos servizos co trato humano e próximo do seu equipo" e destaca que os seus "centros xerontológicos combinan o confort, a atención socio-sanitaria e distintos programas de intervención con alta cualificación profesional, cunha coidada hostalaría e unha carteira de servizos diversa e innovadora".

Consello Asesor CEL

O Consello Asesor é un órgano interno da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) que aglutina empresas cunha especial traxectoria e implantación na provincia que libremente deciden formar parte do mesmo.  

Coa incorporación de SERGE, o Consello conta na actualidade con 40 empresas integradas, que representan a todos os sectores con implantación na provincia, con especial atención ao de servizos e agroalimentario, este último de interese estratéxico para Lugo.