Escrito o:
OBRADOIRO | IA no sector agroalimentario
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza para o próximo día 13 de maio, martes, un novo encontro de traballo CONECTA LUGO, centrado nesta ocasión en ferramentas de "IA no sector agroalimentario". De tres horas de duración, terá lugar no Centro Colaborativo de Friol en horario de 11:00 a 13:00 horas.
O obradoiro ten por obxectivo mellorar o coñecemento sobre novas tecnoloxías de Intelixencia Artificial aplicadas ao sector agroalimentario, así como axudas públicas para a súa implantación entre as empresas lucenses. Para iso, contarase con representantes de empresas punteiras en servizos tecnolóxicos IA para o sector agroalimentario, así como con representantes do Igape para coñecer axudas para implementación de ferramentas IA e de novas tecnoloxías. O programa complétase con representantes do GDR 4 ? Comarca de Lugo e o Polo de Emprendemento de Friol.
A asistencia é gratuíta pero é necesario reservar praza na seguinte ligazón:
INSCRICIÓN TALLER IA NO SECTOR AGROALIMENTARIO
CONECTA LUGO É UNHA INICIATIVA DE INFORMACIÓN, APOIO E ASESORAMENTO ÁS EMPRESAS DE LUGO EN MATERIA DE AXUDAS PÚBLICAS, COMPETITIVIDADE, INNOVACION... POSTA EN MARCHA POLA CEL CO APOIO DA CONSELLERÍA E INDUSTRIA A TRAVÉS DO IGAPE.