Voltar atrás

Escrito o:

OBRADOIRO | Programa Re-acciona Igape 2025

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, co apoio da Xunta de Galicia a través da iniciativa Conecta Lugo, un taller práctico de traballo dirixido a mellorar o coñecemento e acceso ás diferentes solucións e servizos que ofrece o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) neste 2025 a través do Programa Re-acciona, deseñado co obxectivo de apoiar ás pequenas e medianas empresas (pemes) galegas no desenvolvemento de solucións que incrementen a súa competitividade, eficiencia e sustentabilidade.

O taller, de dúas horas de duración, está previsto en formato híbrido, online e presencial na sede central da CEL en Lugo, o próximo día 25 de abril, venres, en horario de 11:00 a 13:00 horas. Explicaranse en detalle as diferentes solucións e servizos que se ofrecen no marco de Re-acciona, da man de representantes da Oficina Económica de Galicia e de diferentes consultoras especializadas en cada unha das liñas de apoio e con exposición de casos de éxito (descargar programa en pdf ao final desta entrada). 

A asistencia é gratuíta pero é necesario reservar praza na seguinte ligazón:

INSCRICIÓN TALLER PROGRAMA RE-ACCIONA