Escrito o:
Camiño da Innovación | Parada A Mariña Lucense
O vindeiro luns, día 8 de novembro, a iniciativa "Camiño da Innovación" da Axencia Galega de Innovación, que está a percorrer toda Galicia a través dun tráiler como espazo de inspiración, información e servizos próximos ás microempresas e pemes galegas, fará parada na zona da Mariña Lucense, concretamente en CERVO.
Esta iniciativa estará aberta ao público A partir das 9:30 HORAS e servirá como oficina de asesoramento para apoiar a innovación a aquelas pemes da contorna que estean interesadas.
Para participar na iniciativa, é necesario inscribirse previamente a través deste FORMULARIO e solicitar:
Asesoramento personalizado sobre as oportunidades e potencial de innovación por parte do persoal da Axencia Galega de Innovación, así como
Asistencia aos encontros coa participación de pemes innovadoras da contorna da devandita etapa.
Esta actuación enmárcase no Programa de Impulso á Innovación nas Pemes de Galicia, que ten como obxectivo promover que a innovación sexa a esencia da competitividade das pemes galegas, e contribuír a superar os obstáculos para innovar.