Voltar atrás

Escrito o:

Camiño da Innovación | Paradas Sur | Monforte e Chantada

“Camiño da Innovación” é unha iniciativa da Axencia Galega de Innovación (GAIN) que percorre 18 concellos galegos para achegarse ás pemes innovadoras da contorna e, ademáis, facilitar asesoramento personalizado ás empresas. Gracias ao “Camiño da Innovación” máis de 50 empresas galegas xa foron asesoradas. 

Próximas paradas en Lugo:

En Monforte de Lemos o evento terá lugar o día 30 de novembro, de 9:30h a 11:00h na Plaza da Compañía, e as entrevistas de asesoramento persoais faranse no tráiler que se situará no Colexio Padres Escolapios (necesaria inscrición previa a través DESTE FORMULARIO, seleccionando o concello de interese). 

En Chantada o evento terá lugar o día 1 de decembro no Auditorio Municipal de 12:30h a 14:00h, e as entrevistas de asesoramento persoais faranse no tráiler que se situará na Praza de Galicia (necesaria inscrición previa a través DESTE FORMULARIO, seleccionando o concello de interese). 

Para participar na iniciativa, podédesvos inscribir a través deste formulario e solicitar:
-       Asesoramento personalizado sobre as oportunidades e potencial de innovación por parte do persoal da Axencia Galega de Innovación (prazas limitadas). 
-       Asistencia aos encontros coa participación de pemes innovadoras da contorna de dita etapa. 

Esta actuación enmárcase no Programa de Impulso á Innovación nas Pemes de Galicia, que ten como obxectivo promover que a innovación sexa a esencia da competitividade das pemes galegas, e contribuír a superar os obstáculos para innovar.

MÁIS INFO

Imprimir

Voltar atrás