Voltar atrás

Escrito o:

Camiño da Innovación | Parada Vilalba

Este venres, día 5 de novembro, a iniciativa “Camiño da Innovación” da Axencia Galega de Innovación, que está a percorrer toda Galicia a través dun tráiler como espazo de inspiración, información e servizos próximos ás microempresas e pemes galegas, fará parada en VILALBA.

Esta iniciativa estará aberta ao público de 9h a 18h e servirá como oficina de asesoramento para apoiar a innovación a aquelas pemes da contorna que estén interesadas

Para participar na iniciativa, é necesario inscribirse previamente A TRAVÉS DESTE FORMULARIO e solicitar:

  • Asesoramento personalizado sobre as oportunidades e potencial de innovación por parte do persoal da Axencia Galega de Innovación, así como
  • Asistencia aos encontros coa participación de pemes innovadoras da contorna de dita etapa.

 

Esta actuación enmárcase no Programa de Impulso á Innovación nas Pemes de Galicia, que ten como obxectivo promover que a innovación sexa a esencia da competitividade das pemes galegas, e contribuír a superar os obstáculos para innovar. 

MÁIS INFORMACIÓN

INSCRICIÓN

Imprimir

Voltar atrás