Escrito o:
APP Concello de Lugo - ABANCA para o pago de recibos
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Director Territoral de Abanca en Lugo, Walter Álvarez, o Director de Banca Institucional e o Director de Innovación desta entidade, Santiago Novoa e Eduardo Aldao, respectivamente, presentaron o pasado luns unha nova aplicación móbil para facilitarlle á veciñanza o pago de impostos locais a través de smartphones ou tablets, sen custo adicional, nin para o Concello nin para os lucenses. Trátase pois, dunha aplicación informática que permitirá ás persoas contribuíntes o pago de recibos, para o que soamente será necesario ter descargada esta aplicación e dispor dun cartón de débito ou crédito.