Escrito o:
Becas Santander - Cepyme - CRUE | Ampliación prazo
O programa de Bolsas Santander-CEPYME-CRUE vén de abrir nova convocatoria.
Trátase dunha iniciativa coa que colabora activamente CEPYME orientada a facilitar a realizacion de prácticas en pemes por parte de estudantes universitarios.
O programa contempla a concesión dun máximo de 5.000 bolsas de prácticas en pemes para estudantes de máster e dos últimos cursos de grao universitario, cunha duración de 3 meses en xornadas de 4 horas diarias. Este ano a convocatoria presenta algunhas novidades importantes, como se pode comprobar no documento informativo descargable ao final desta entrada.
O prazo de solicitude das bolsas acaba de AMPLIARSE ATÉ o próximo 6 de maio de 2017.
Máis información sobre as características do programa e formulario de solicitude de bolseiros por parte das pemes na páxina http://www.becas-santander.com/.