Escrito o:
Curso de Marketing Dixital
Na semana do 19 ao 23 de maio terá lugar en Lugo un Curso de Marketing Dixital organizado por Google España coa colaboración da Facultade de Dirección e Administración de Empresas da USC.
Este curso, gratuito e dunha semana de duración (40 horas), está certificado pola IAB Spain, principal organismo representativo en España da industria publicitaria en Internet. Ten por obxectivo axudar á empregabilidade de mozos desempregados, formándoos en habilidades en materia dixital.
No seguinte enlace pódese descargar máis información e realizar a inscrición: http://www.google.es/landing/activate/formate/
Para consultar o programa do curso hai que picar en CONTIDO DO CURSO, AXENDA. Para reserva de praza, hai que acceder a CURSO PRESENCIAL, OPCIÓN LUGO e formalizar a inscrición.
É imprescindible para a participación no curso o dispoñer de ordenador portátil para utilizar durante todas as xornadas.
Para calquera dúbida ou aclaración: Facultade de ADE no teléfono 982824403.