Escrito o:
MANUAL | Prevención de riesgos laborales en personas trabajadoras mayores de 55 años
Cumprir anos non significa, de ningún xeito, deixar de ser competente. A experiencia, o coñecemento adquirido ao longo da vida laboral e a capacidade para anticipar e resolver problemas constitúen un valor para calquera organización.
Ao mesmo tempo, o paso dos anos pode ir acompañado de cambios nas capacidades físicas, sensoriais ou psicofisiolóxicas que convén ter en conta na xestión preventiva. A súa evolución é diferente en cada persoa e tamén depende das características do traballo que desenvolve.
Adaptar a prevención á idade permite seguir traballando con seguridade e saúde, favorece carreiras profesionais máis longas e contribúe a aproveitar todo o coñecemento acumulado ao longo dos anos.
Na publicación desta Confederación de Empresarios de Lugo, descargable en pdf ao final desta entrada, podedes ampliar información sobre o impacto da idade nas contornas laborais e medidas preventivas a adoptar.