Escrito o:
Circular Informativa | Día Mundial da Muller e a Nena na Ciencia
Hoxe conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, unha data instaurada polas Nacións Unidas para visibilizar o papel das mulleres na investigación científica, fomentar a igualdade de xénero e promover vocacións científicas e tecnolóxicas entre nenas e mozas.
Neste contexto, a UNESCO lembra que as mulleres seguen estando subrepresentadas na investigación a nivel mundial —representando menos dun tercio do total de investigadores—, e insta a unha maior participación das mesmas na ciencia como fórmula para impulsar un progreso científico, tecnolóxico e innovador máis ético, inclusivo e que responda ás verdadeiras necesidades da sociedade.
Nesta data, lembramos tamén que o tema de 2026 do Día Internacional é "Aproveitar as sinerxias entre a intelixencia artificial, as ciencias sociais, as STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas) e o sistema financeiro: construír un futuro inclusivo para as mulleres e as nenas". Ante o aumento das desigualdades sociais, a integración da intelixencia artificial (IA), as STEM e a economía perfílanse como un enfoque de catro piares para acelerar un desenvolvemento inclusivo e sostible.
A igualdade en todos os ámbitos é garantía dunha sociedade máis xusta e equilibrada, pero tamén dun maior aproveitamento do talento e un desenvolmento maior naquelas contornas que apostan por ela.
Animamos a visitar os sites específicos das organizacións internacionais, onde podedes descargar información de interese e consultar datos relacionados con esta temática:
Día Internacional de la Mujer y la Niña en la Ciencia | UNESCO
Día Internacional de la Mujer y la Niña en la Ciencia | Naciones Unidas