Voltar atrás

Escrito o:

MANUAL | Saúde Mental. Riscos e medidas preventivas.

Ao final desta entrada pode descargarse en pdf a manual "Saúde Mental. Riscos e medidas preventivas" editado pola Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) no marco das actividades informativas e divulgativas en materia de seguridade e saúde laboral 2025, co financiamento da Xunta de Galicia. 

O manual estrutúrase como breve guía práctica na que se recollen cuestións básicas relacionadas como factores de risco psicosocial, consecuencias de exposición a estes riscos, danos á saúde derivados ou principais medidas preventivas a adoptar.  

A CEL lembra, en liña co indicado pola propia Organización Mundial da Saúde (OMS), que a saúde mental é un dereito humano fundamental e elemento primordial para o desenvolvemento persoal e social. Traballar polo benestar psíquico de todos os que conforman as organizacións, axuda a cumprir coa necesidade de protección integral das persoas no ámbito laboral, con accións que deben ter en consideración tanto a súa saúde física como mental. 

Desta guía exiten tamén exemplares en papel, dispoñibles na sede central da CEL (poden solicitarse no teléfono 982231150).

Imprimir

Voltar atrás