Escrito o:
OBRADOIRO | Presentación NEXOS en Lugo
Co obxectivo de resolver as últimas dúbidas e explicar dunha maneira práctica como presentar solicitude á convocatoria NEXOS (unha nova liña de axudas pensada para apoiar proxectos de I+D+i entre empresas e centros de investigación e cuxa convocatoria saiu publicada no DOG o día 12 de agosto), a Axencia Galega de Innovación organiza para o mes de setembro un ciclo de talleres no catro provincias galegas, en colaboración coas Confederacións de Empresarios. Lugo será a primeira localidade na que teña lugar uno destes talleres.
Máis concretamente, o taller de Lugo terá lugar o día 3 de setembro, mércores, na sede central da CEL (Praza de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta), a partir das 11:00 horas. Incluirá unha presentación das principais características e novidades da convocatoria NEXOS e un coloquio para resolución de dúbidas dos asistentes. A continuación, realizarase un taller práctico sobre como presentar a solicitude e, finalmente, pecharase a sesión cun aperitivo para facilitar o contacto entre os posibles asistentes a cara a facilitar a formación de consorcios para concorrer ás axudas.
A liña de axudas NEXOS, dotada con 28 millóns de euros, apoia proxectos de I+D+i colaborativos entre empresas, e nos que poden contar coa colaboración de centros de coñecemento.
Inscrición (A asistencia é libre pero as prazas son limitadas, polo que é necesario reserva a través deste formulario)