Voltar atrás

Escrito o:

Xornadas Divulgativas APE Galicia 2025 | Lugo

A Asociación Intersectorial e Interterritorial de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE Galicia) organiza en Lugo, coa colaboración da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e outras entidades, un encontro informativo no que se abordarán cuestións de interese para autónomos e pemes como o reto da remuda xeracional nas empresas e axudas para o mesmo en Galicia, retos e oportunidades do sector comercial ou facturación electrónica

Para esa xornada divulgativa contarase coas achegas de expertos en dúas mesas redondas, unha sobre "O reto da remuda xeracional" e outra sobre "Comercio: retos e oportunidades", e cunha intervención técnica sobre "Novidades en facturación electrónica". O encontro pecharase cunha intervención do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González. Máis información no programa descargable en pdf ao final desta entrada.

Terá lugar HOXE XOVES día 17 de xullo, xoves, ás 20:00 horas, no Edificio Abanca en Lugo. A asistencia é libre, pero é necesaria INSCRICIÓN PREVIA, que pode tramitarse a través da seguinte ligazón: 

INSCRICIÓN XORNADA DIVULGATIVA LUGO - APE GALICIA 

Imprimir

Voltar atrás