Escrito el:
Programa Responsabilízate (5ª Edición)
A Xunta de Galicia ven de lanzar a quinta edición de Responsabilízate, un programa gratuíto de asesoramento personalizado dirixido a pemes e persoas traballadoras autónomas galegas, que ofrece formación,implementación integral de accións e acompañamento por parte de persoas expertas para axudar ás empresas a integrar a sustentabilidade e a responsabilidade social na súa xestión,adaptarse ás novas esixencias da regulación ASG (Ambiental, Social e de GobernoCorporativo) e avanzar cara a unha transición máis sostible.
Este venres, día 18 de setembro, ás 10:00 horas, está prevista a celebración da presentación desta última edición, nunha xornada online na que se explicarán a quen vai dirixido o programa ou como solicitalo, entroutras.
Máis info e inscricións NESTA LIGAZÓN